Plume

Aplicación para blogs federados

Project status

Currently, Plume developers have less time and Plume is not actively maintained. New features may take time to be implemented. Could you consider similar purpose software: WriteFreely, WordPress with ActivityPub plugin and so on?

Escribe unha vez, publica para todos

Plume non é só un sitio web simple, é unha rede interconectada pero independente do que chamamos instancias. Escribes o contido na túa propia instancia pero calquera persoa ou calquera outra instancia de Plume pode desfrutar tamén das túas historias.

Publicación social

Ao escribir, a maior parte das veces, queremos compartir algo con outras persoas. As características de Plume permiten o intercambio entre persoas escritoras e persoas lectoras dun xeito bidireccional por deseño.

Escritura colaborativa

Plume tamén fai que sexa doado colaborar na escrita dun artigo. Os blogs non están limitados a unha persoa autora, varias persoas poden escribir no mesmo blog e mellorar o traballo de outras para obter o mellor resultado final.

Atopa unha instancia

Únete ao Fediverso

Non só Plume

As instancias de Plume son parte dunha rede enorme, chamada colectivamente Fediverso. Está formado por múltiples instancias - servidores con diferentes obxetivos, propósitos e termos, cada unha executando unha aplicación específica. Non sempre ten que ser Plume.

Esto significa, por exemplo, que Plume pode comunicarse con apps de microblogin como Mastodon, ou Pleroma. Tamén outras aplicacións para blogs que federan o contido, como WriteFreely poden comunicarse con Plume! Esto significa que podes comentar, compartir e gustar un artigo de Plume desde calquera de esas outras plataformas.

Coñece máis sobre o Fediverso

Gran diversidade

Cada instancia está aloxada e moderada por diferentes persoas en varios lugares do mundo, resultando en diferentes regras, temas e ambiente nos que se centran. Así unha instancia pode resultarche máis axeitada que outra, dependendo das túas opinións e intereses.

Se non existe a instancia que te fai sentir a gusto, ben podes crear a túa propia instancia, se tes un punto de atrevemento.

Atopa a instacia soñada

Unha rede sólida

Debido a que o Fediverso está respaldado fundamentalmente por voluntarias, e non inversoras, é resistente aos problemas económicos. E debido a súa natureza descentralizada tamén é máis difícil de censurar que as plataformas tradicionais.

Incluso se unha instancia pecha, o resto da rede continuará funcionando de xeito ininterrumpido.

Aberta a todas

Plume é software libre, baseado en estándares abertos, como ActivityPub e Microformats, o que significa que podes axudar a melloralo.

Non só damos a ben vida a desenvolvedoras, se non a calquera que queira axudar: tradutoras, deseñadoras de interfaces de usuaria, xente con habilidades de comunicación, ou calquera que sinta que pode ofrecer algo para mellorar o proxecto!

Descubre cómo podes axudar